Vivir no Concello de Narón...


Veciños do concello de Narón, viven dende o ano 2001 un estado de sitio permanente debido á ocupación do camiño público que constitúe o único acceso transitable ás súas vivendas, co coñecemento e a permisividade do concello de Narón dende o comezo da ocupación.

¡¡Nunca se paralizou ningunha obra ilegal por parte do concello!!

A pesar de tódalas evidencias, as denuncias convértense en papeis arquivados nun groso expediente no concello de Narón e mentras os veciños afectados vémonos privados do dereito de libre circulación e polo tanto de PRIVACIÓN DO ESTADO DE DEREITO.

Paralelamente somos sistemáticamente agredidos, coaccionados, insultados e acosados diariamente polos veciños que pretenden apropiarse da vía pública. Incluindo: agresións con sachos, palas de albanel ou puñetazos e patadas contra os nosos vehículos etc, etc...

Estes son feitos sobradamente acreditados nun grande número de sentencias públicas e condenatorias dos diferentes xulgados de Narón, Ferrol e Audiencia Provincial de Coruña.

Do mesmo xeito impídese dende fai catro anos o paso de vehículos de suministro de certo porte, ambulancias e coches de bombeiros ás vivendas desta zona, co grave risco que esto conleva.

Mapa de Galicia indicando O Vilar - Concello de Narón
Invitámoslle a achegarse a través das descricións, vídeos e imaxes desta web ó inferno polo que os veciños ocupadores e a non acción do concello de Narón nos obligan a ter que pasar cada día para poder entrar ou sair das nosas casas...

1. Os inicios... 2. Un coche calquera... 3. A día de hoxe...
Pulse para agrandar. Inicios no Concello de Narón. Pulse para agrandar. Un coche calquera no Concello de Narón. Pulse para agrandar. A día de hoxe no Concello de Narón.
(Pulse sobre as imaxes para ampliar)

¿ONDE ESTÁ O ESTADO DE DEREITO ?

¿POR QUE O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE NARÓN NON SE ENFRONTA ÓS OCUPADORES?

¿EN QUE CLASE DE TROCO SE NOS USA COMO MOEDA DE CAMBIO?

 
O VILAR - CONCELLO DE NARÓN . Contacte con nosotros: Contacto@ovilar.com